
Hosted by André C. Pastor · ES

Edición de fin de semana especial de DIÁLOGOS 3, programa de Radio 3 [RNE], apresentado e dirixido por Ramón Trecet. Nesta ocasión rescatamos un especial adicado a biografía da banda de Oregón NIGHTNOISE, emitido un 07/08/1991 en Radio 3 [RNE]. O audio foi dixitalizado dunha gravación caseira en cinta de casete, procedente do aquivo sonoro de O Pequeno Monstro [Rádio FilispiM]. Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

Segundo dos programas especiais dentro da serie DIALOGOS 3 [Radio 3, RNE], rescatados do arquivo sonoro de o Pequeno Monstro [Rádio Filispim]. Nesta ocasión adicado ao grupo DEAD CAN DANCE, banda cuxos pilares fundamentais son Lisa Gerrad [Autralia, 1961] e Brendan Perry [Londres, 1959], e que gravaron para o selo underground 4AD. Neste segundo programa especial, Ramón Trecet fai unha transcripción radiofónica dunha entrevista realizada ao dúo en outubro do ano 1993. Cada gravación ten uns duración aproximada de 23 m, o que quer dicer que os programas non están completos, mais non deixan de ser documentos de grande interés, pois estes documentos, semella, non se atopan nen o propio arquivo sonoro de RNE. Sintonizamos, tres da tarde, Radio 3 [RNE], Dialogos 3, Ramón Trecet... Programa 2: transcripción radiofónica dunha entrevista a DEAD CAN DANCE Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta: "DIALOGOS 3 [Radio 3-RNE]"

Novo especial de Diálogos 3 [Radio 3, RNE], rescatado do arquivo sonoro de o Pequeno Monstro [Rádio Filispim]. Nesta ocasión adicado ao grupo DEAD CAN DANCE, banda cuxos pilares fundamentais son Lisa Gerrad [Autralia, 1961] e Brendan Perry [Londres, 1959] e que gravaron para o selo underground 4AD. No primeiro dos programas especiais que Ramón Trecet adicou a este ecléctico dúo, analisa os seus primeiros traballos. A gravación ten unha duración aproximada de 23 m, o que quer dicer que o programa non está completo, mais non deixa de ser un documento de interés. Sintonizamos, tres da tarde, Radio 3 [RNE], Dialogos 3, Ramón Trecet... Programa 1: percorrido polos seus primeiros traballos no selo 4AD. Máis info e programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta: "DIALOGOS 3 [Radio 3-RNE]"

Seguimos a desempolvar vellas cintas de casete do arquivo sonoro do Pequeno Monstro [Rádio Filispim]. Como dixemos no seu momento, é un "agora ou nunca", e penso que, no caso destas edicións especiais de Diálogos 3, si pague a pena, pola grande cantidade de datos que subministra Trecet sobre os artistas, nun momento no que, lembremos, conquerir información sobre estos tipos de músicas e artistas era unha tarefa certamente complicada, sendo a rede de internet algo que viamos nas películas americanas e pouco máis. Estamos no mes de marzo do ano 1992. Segunda e última das entregas do especial de Diálogos 3, adicado ao selo de Múnich ECM [Edition of Contemporary Music]. Nesta ocasión Rámón Trecet nos oferece a biografía e traballos no catálogo ECM, dos seguintes artistas: - JOHN SURMAN [Withholding Pattern, 1985] - OREGON (Ralph Towner, Collin Walcott, Glen Moore) [Oregon, 1983] - CHICK COREA & GARY BURTON [Duet, 1979] - L. SHANKAR [M.R.C.S, 1991] - EGBERTO GISMONTI & NANA VASCONCELOS [Duas Vozes, 1984] - COLLIN WALCOTT con John Abercrombie, Dave Holland & Jack DeJohnette [Cloud Dance, 1976] - PAT METHENY [Offramp, 1982] Como sempre, calquer lembranza ou emenda a esta entrada se agradece coma comentario. Unha fin de semana do mes de marzo do ano 1992, sintonía de Rádio 3 [RNE], tres da tarde, Diálogos 3, Ramón Trecet... Máis info en http://pequenosmonstros.blogspot.com

Primeiro dos programas especiais adicados ao selo alemán ECM [Edition of Contemporary Music], da serie Diálogos 3 [Rádio 3, RNE] que inauguramos a semana pasada neste blog. O programa que rescatamos hoxe responde ao primeiro dunha serie de dous que Ramón Trecet adicou ao selo alemán de nova música, ECM. Lembro que durante algunha grella radiofónica, Trecet, realizaba programas os sábados e domingos, donde aproveitaba para deterse na biografía dos músicos que pinchaba de luns a venres ou, mesmo, en selos discográficos coma ECM. Calquera outra lembranza ou emenda é benvida como comentario a esta entrada. Neste primeiro programa, RamónTrecet nos relata como un proxecto de distribución de músicas por correio postal chamado Jazz by Post, se transforma a finais da década dos sesenta nunha discográfica capitaneada por Manfred Eicher, ECM, na que comezarían a gravar as súas produzóns artistas que non se acomodaban a ningunha etiqueta convencional. Jazz, world music, contemporánea, clásica, son xéneros que atopamos en cada un dos artistas do catálogo de Múnich ECM, resultando unha "nova música" de corte Europeo que unida ao deseño artístico das portadas conforman a personalidade única deste interesantísimo selo alemá. As audaciais musicais, ou mesmo visuais [artísticos deseños das carpetas dos vinilos] do catálogo ECM, foron máis tarde emuladas por outros selos, coma Windham Hill ou mesmo CODA Records. Neste primeiro Diálogos 3 adicado a ECM, escoitamos: - PAT METHENY [New Chautauqua, 1979] - CHICK COREA & RETURN TO FOREVER [Return to Forever, 1972] - RALPH TOWNER con Jan Garbarak, Eberhard Weber & Jon Crhistensen [Solstice, 1977] - MEDERITH MONK [Dolmen Music for 6 voices, 1979] Fechamos os ollos e sintonizamos. Fin de semana do mes de marzo de 1992, tres da tarde, Radio 3 [RNE], Ramón Trecet, Diálogos 3... Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

Gravación do mítico DIÁLOGOS 3 de Radio 3 [RNE], presentado e dirixido por Ramón Trecet, dun día do mes de decembro de 1989 ás 3 da tarde... Nesta ocasión, Trecet, analisa o traballo History of my Heart da intérprete e compositora Suzanne Ciani. Audio do arquivo sonoro particular do Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, Ferrol] Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

Programa especial de Diálogos 3, correspondiente al miércoles 10 de enero de 1990, donde Ramón Trecet entrevista a Lito Vitale en la presentación del album La Senda Infinita. Múchas llamadas de los oyentes y los habituales comentarios de Trecet. Audio rescatado de cinta de casete del archivo sonoro de o Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, Ferrol]. Máis info en http://pequenosmonstros.blogspot.com